Plan de medidas

  • Apoios económicos
  1. Incentivo á participación activa: este primeiro incentivo créase para motivar as persoas usuarias para que participen nas medidas propostas no plan e garantir a asistencia a un mínimo de sesións de orientación e inserción.
  2. Intercambio de viaxes: para axudar a que participen nas medidas de formación propostas no plan, establécese unha axuda de viaxe.
  3. Incentivo para promover o autoemprego: axudarase ás persoas emprendedoras nos seus primeiros meses como autónomas ou promotoras dunha sociedade.
  4. Incentivo para o emprego por conta allea: consiste en motivar as persoas usuarias na procura activa dun novo emprego e facilitar a súa recolocación no mercado laboral.
  5. Incentivo á conciliación: haberá axudas para cubrir os gastos xerados polo coidado de fillas/os menores, acollidas/os ou tuteladas/os ou familiares dependentes directos, cos que convivan e estean ao seu cargo.