
07 Mar Oferta de Emprego: Técnico de orientación e formación para o proxecto empregaNAV (ASIME)
ASIME, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas busca unha persoa para cubrir unha praza de técnico de orientación e formación no marco do proxecto FEAG-empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
- Titulación media ou superior relacionada con psicoloxía, educación e/ou formación.
Criterios de selección:
- Experiencia en orientación, desenvolvemento e atención de persoas e xestión de formación
- Valoraranse posgraos de orientación laboral e/ou formación
- Manexo avanzado de paquete office e aplicacións informáticas
- Lingua Galega (falada e escrita)
- Iniciativa e prol-actividade
- Habilidades de comunicación e relación
- Flexibilidade horaria (dispoñibilidade tardes e sábados pola mañá)
Funcións:
- Técnico de orientación e formación proxecto empregaNAV
Ofrécese:
- Incorporación inmediata
- Contrato temporal a media xornada ata Agosto de 2022.
- Lugar de traballo: Narón
Solicitudes
As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico á dirección alejandra.martinez@asime.es antes das 14.00 horas do día 11 de marzo de 2022 facendo constar a referencia: Técnico orientación e formación proxecto empregaNAV
Fuente: ASIME