Plan de medidas
A través deste programa preténdese darlles unha primeira acollida ás persoas que cumpran os requisitos, co obxectivo de facer unha presentación xeral do programa e informalas das accións que se van levar a cabo e dos esforzos e os recursos postos en marcha, para prestarlles axuda no proceso de recualificación para mellorar a súa empregabilidade.
Despois das sesións de recepción, realizarase un diagnóstico inicial de cada persoa desempregada a través de entrevistas individualizadas co obxectivo de coñecer polo miúdo a súa situación socioprofesional, o seu nivel educativo, e as súas aptitudes, capacidades, experiencias, intereses e expectativas laborais, así como calquera outra información necesaria para facer unha adecuada avaliación das súas posibilidades reais de reincorporación ao mercado laboral. É fundamental, nesta fase, e en xeral ao longo do proceso de inserción laboral, obter a motivación e a implicación activa da persoa desempregada.