FEAG
O FEAG ofrécelles axuda ás persoas que perderon o seu posto de traballo como consecuencia dos cambios estruturais acontecidos nos patróns do comercio mundial, coa finalidade de que poidan atopar outro o máis rapidamente posible.
A Unión Europea lanzou en 2007 este fondo, que proporciona unha axuda que pode alcanzar ata os 500 millóns de euros por ano.
Mentres que os fondos estruturais da UE manteñen a anticipación e a xestión do cambio a través de actividades como a aprendizaxe durante toda a vida desde unha perspectiva estratéxica a longo prazo, o FEAG ofrece unha subvención individual única e limitada no tempo destinada a axudar ás persoas traballadoras persoalmente afectadas por despedimentos provocados por axustes no comercio mundial.
Desde o 1 de xaneiro de 2007, o FEAG pode financiar políticas activas de emprego centradas completamente na axuda das persoas traballadoras afectadas por despedimentos asociados á globalización, como por exemplo:
Unicamente as persoas traballadoras afectadas por un despedimento poden beneficiarse das axudas deste fondo.
O FEAG non financia a reestruturación de empresas ou sectores industriais. Porén, a axuda non está limitada ás persoas traballadoras da empresa principal ou do sector que ten dificultades, senón que o persoal das empresas provedoras, que se enfronta a dificultades en cadea, tamén pode resultar beneficiario destas axudas.
O fondo pode intervir tanto para a pequenas e medianas empresas (pemes), como para as grandes sociedades e multinacionais.