Xunta de Galicia

A participación da Xunta de Galicia neste proxecto organízase a través de dous departamentos.

AUTORIDADE

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

RESPONSABILIDADE

Organismo intermedio

2º nivel de control e seguimento

AUTORIDADE

Xunta de Galicia.

Consellería de Emprego e Igualdade

RESPONSABILIDADE

Organismo beneficiario que executa o proxecto

1º nivel de control e seguimento

Ambas as institucións, como organismos intermedios da Autoridade de Xestión, levan a cabo as seguintes funcións:

  • Establecer procedementos para garantir que a elección das persoas seleccionables se realiza de conformidade cos criterios aplicables especificados no Regulamento n.° 546/2009, así como o criterio de intervención definido, e que se axustan ás normas comunitarias e nacionais aplicables na materia durante todo o período de execución.
  • Realizar as tarefas encamiñadas a darlle visibilidade ao proxecto proposto, en particular, a través da presentación da proposta ante os interlocutores sociais e económicos de Galicia e a súa difusión a través de diversos medios.
  • Comprobar que se levou a cabo a entrega dos bens ou a prestación dos servizos obxecto de cofinanciamento, que se incorreu no gasto declarado e que este cumpre as normas comunitarias e nacionais aplicables (realización de verificacións).
  • Garantir que as persoas beneficiarias e outros organismos participantes na execución das operacións manteñen un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas de contabilidade nacional.
  • Garantir que se dispón de todos os documentos sobre o gasto e as auditorías necesarios para contar cunha pista de auditoría apropiada que garanta a fiabilidade das solicitudes de reembolso que presente a Autoridade de Xestión á Autoridade de Certificación.
  • Garantir que todos os documentos xustificativos relacionados cos gastos e coas auditorías correspondentes ao proxecto FEAG se manteñen a disposición da Comisión e do Tribunal de Contas durante un período de tres anos a partir do peche do proxecto.
  • Asegurar que a Autoridade de Certificación dispoña de toda a información necesaria sobre os procedementos e as verificacións efectuados en relación co gasto para os efectos de certificación.
  • Executar as actuación previstas en materia de información e publicidade e darlles difusión ás medidas executadas.
  • Realizar os controis internos e de detección de irregularidades en cumprimento do acordo de delegación de funcións e do artigo 21 do Regulamento FEAG 1309/2013 actual (antigo art. 18 do Regulamento FEAG 1927/2006).

O exercicio das competencias realízase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións ou departamentos da Xunta de Galicia, nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que resulten oportunos.