Financiamento

3,4 MILLÓNS DE EUROS

Tendo en conta as complexas características do sector naval, o investimento global do proxecto empregaNAV ascende a 3,4 millóns de euros, dos cales a Comisión Europea contribúe cunha axuda non reembolsable (fondo perdido) do 60 % e a Xunta de Galicia achega o restante 40 %.

Para a xestión do proxecto, a Xunta de Galicia conta coa colaboración e o apoio dos interlocutores sociais e económicos do sector naval en Galicia, execución conxunta que se articula mediante un convenio de colaboración.