Plan de medidas

  • Apoio a recolocación e seguimento personalizado

O persoal técnico realizará un traballo de apoio á recolocalización, entendida como unha análise continua do tecido industrial da área de influencia, para detectar as necesidades de persoal nas empresas e as novas oportunidades de negocio (autoemprego) co obxectivo de xestionar posteriormente ofertas de emprego e posibles aperturas empresariais.

Despois de ingresar no mercado laboral, faráselle un seguimento persoal a cada participante ata un ano despois do remate do proxecto.