Experiencias e opinións dalgúns dos participantes no proxecto empregaNAV

VÍDEO: Experiencias e opinións dalgúns dos participantes no proxecto empregaNAV

“EMPREGANAV DEUME MÁIS SEGURIDADE EN MIN MESMA”, destaca unha das usuarias do programa, María Lago, quen subliña a importancia de “APRENDER A ATOPAR NOVAS OPORTUNIDADES”, independentemente da idade, a través da formación. Empreganav achegoulle, sinala María, as ferramentas para realizar correctamente un curriculum ou enfrontarse a unha entrevista de traballo.

Pola súa banda, Miriam Teijeira é das usuarias que máis aproveitou a formación, tanto presencial como online, realizando cursos tanto transversais como os de idiomas ou ofimática, como os específicos como Solidworks ou Fabricación Aditiva. Para ela, Empreganav foi “UNHA SAÍDA Ao MUNDO LABORAL” tras estar bastante tempo no paro despois de traballar moitos anos na mesma empresa. A nivel profesional, ademais de coñecer novas ferramentas, serviulle para “VOLVER A TER CONTACTO CON XENTE DO SECTOR”, creando así “UNHA NOVA REDE DE CONTACTOS”.

Do mesmo xeito, sinala José González que tras o proceso de inactividade “A MELLOR FORMA DE ENTRAR DE NOVO Ao MUNDO LABORAL É USANDO ESTE TIPO DE CURSOS E ENTRAR XA CON ESA FORMACIÓN QUE NON PUIDECHES FACER NO SEU DÍA”.

Empreganav converteuse nunha gran oportunidade “PARA REINVENTARSE E ABRIRSE A OUTROS SECTORES”, como subliña Nicolás Sangabriel, a quen a formación lle abriu novas portas no mundo laboral.

Pola súa banda, Francisco Guizán fálanos desde a súa experiencia da importancia “VITAL” de formarse, sobre todo nun sector como o naval onde “NOS BARCOS TRABÁLLANSE TODAS As PROFESIÓNS”. Empreganav serviu para desenvolver e formar a moitos traballadores converténdoos, como destaca Guizán, en “MOITO MELLORES PROFESIONAIS” grazas a todo o que achega unha boa formación.

Fuente: CCOO