
15 Xul Oferta de emprego: Orientador/a Laboral para o proxecto empregaNAV (Federación de Industria de Galicia CCOO)
A Federación de Industria de Galicia CCOO busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a laboral no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización .
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Titulacións preferentes: Título de diplomado/a universitario/a, ou grao en:
Psicoloxía; Pedagoxía; Psicopedagoxía; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; Educación social; Traballo social; Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social
Requisitos esixidos: Manexo de equipos informáticos: Tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, etc..
Valorarase:
- Lingua Galega (falada e escrita)
- Experiencia en orientación laboral, xestión e execución programas de integración laboral
Xornada: Tempo completo, xornada de mañá e tarde (continuada de mañá durante o periodo da xornada de verán)
Duración do contrato: Temporal por obra ou servizo (Aprox. 12 meses)
Centro de Traballo: Locais Federación Industria Galicia (Vigo e, ocasionalmente, Ferrol)
As persoas interesadas enviarán o seu currículum por correo electrónico á dirección galicia@industria.ccoo.es a ATT Eugenia Freire Fajardo antes das 12.00 horas do día 19 de xullo de 2021 facendo constar a referencia: Orientador/a 02/2021
NOTA: Unha vez elixida a persoa seleccionada para acreditar titulación presentará o título académico requirido, e para acreditar a experiencia laboral presentará vida laboral máis contratos correspondentes.
Fuente: CCOO