Oferta de Emprego: Técnico administrativo e de formación para o proxecto empregaNAV (ASIME)

ASIME, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas busca unha persoa para cubrir unha praza de técnico administrativo e de formación no marco do proxecto FEAG-empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

Requírese:

Titulación media ou superior relacionada con administración e dirección de empresas

Criterios de selección:

  • Experiencia xestión documental de subvencións, tarefas administrativas e xustificación de proxectos formativos
  • Manexo avanzado de paquete office e aplicacións informáticas
  • Lingua Galega (falada e escrita)
  • Iniciativa e prol-actividade
  • Habilidades de comunicación e relación

 

Funcións:

  • Técnico administrativo e de formación proxecto Empreganav

 

Ofrécese:

  • Incorporación a partir de Agosto de 2021
  • Contrato temporal a xornada completa ata 31/12/2021 (requírese flexibilidade horaria)
  • Lugar de traballo: Ferrol/Narón

 

Solicitudes

As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico á dirección alejandra.martinez@asime.es  antes das 14.00 horas do día 10 de Agosto de 2021  afacendo constar a referencia: técnico administrativo e de formación proxecto Empreganav

Fuente: ASIME

Más información