20 Mai Oferta de Emprego: Docentes en Informática para o proxecto empregaNAV (UXT FICA Galicia)
UXT FICA Galicia necesita dous docentes para impartir un ou varios cursos de Informática no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización. Un para a localidade de Ferrol e outro para a localidade de Vigo.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
- Titulación media ou superior, relacionada con informática.
- Valorarase experiencia como docente no campo de informática e, especialmente, nos seguintes cursos: Ofimática básica; Ofimática avanzada;Excel avanzado e Word avanzado
- Iniciativa e proactividade.
- Habilidades de comunicación e relación.
- Vehículo propio e permiso de conducir.
Ofrécese:
Contrato temporal laboral ou mercantil.
Recollida de Currículo Vitae:
– Correo electrónico: fica@galicia.ugt.org
– Correo postal: Miguel Ferro Caaveiro, 12 – 2º (15.707 – Santiago)
Data límite de envío: Ás 14 horas do día 24 de xaneiro de 2021.
Fuente: UGT-FICA