Oferta de Emprego: Docentes en Informática para o proxecto empregaNAV (UXT FICA Galicia)

UXT  FICA Galicia necesita dous docentes para impartir un ou varios cursos de Informática no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización. Un para a localidade de Ferrol e outro para a localidade de Vigo.

EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

Requírese:

  • Titulación media ou superior, relacionada con informática.
  • Valorarase experiencia como docente no campo de informática e, especialmente, nos seguintes cursos: Ofimática básica; Ofimática avanzada;Excel avanzado e Word avanzado
  • Iniciativa e proactividade.
  • Habilidades de comunicación e relación.
  • Vehículo propio e permiso de conducir.

 

Ofrécese:

Contrato temporal laboral ou mercantil.

Recollida de Currículo  Vitae:

–              Correo electrónico: fica@galicia.ugt.org

–              Correo postal: Miguel  Ferro Caaveiro, 12 – 2º (15.707 – Santiago)

Data límite de envío: Ás 14 horas do día 24 de xaneiro de 2021.

Fuente: UGT-FICA