Anuncio de licitación: Contratación do servizo de desenvolvemento da acción formativa de Operador Guindastre Cegoña enmarcada no proxecto empregaNAV

Dentro do proxecto Empreganav, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia e con cofinanciación do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización, ábrese un proceso de licitación para un curso de operador de guindastre cegoña para portos.

Empreganav busca a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia, a través de distintas accións formativas e de orientación laboral. Entre elas, atópase este curso de guindastre cegoña, que se identificou como área de interese para un gran número de participantes do programa.

CARACTERÍSTICAS

Cofinanciado ao 60% polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG)

Obxectivo:

  • Dotar ás persoas participantes dos requisitos mínimos establecidos para levar a cabo o traballo de operador da maquinaria en cuestión
  • Capacitación para superar os exames teóricos e prácticas para a obtención do carné oficial de Operador de Guindastre Cegoña para portos.

 

Ámbito de actuación: Vigo e Narón.

Modalidade: Presencial

Nº horas: 50h en Vigo e 70h en Narón específico para NAVANTIA (en ambos os casos trátase de horas teórico-prácticas).

Nº grupos: 3 grupos, dous en Vigo e outro en Narón.

Nº alumnos: Máximo 15 alumnos por grupo

Imprescindible: ter as instalacións, guindastre e experiencia suficiente para a impartición do curso.

Duración contrato: Desde a formalización de contrato ata a prestación completa do servizo, non máis aló de xullo de 2022.

Orzamento: 38.000 euros ( Sen IVE)

Prazo de presentación de ofertas: Antes das 15:00 horas do día 25 de marzo do 2022

 

Descarga o prego de condicións técnicas e administrativas.

Para información relativa á presente contratación: alejandra.martinez@asime.es

Fuente: ASIME

Más información