Anuncio de licitación: Contratación do servizo de desenvolvemento da acción formativa de Operador Guindastre Torre enmarcada no proxecto empregaNAV

Dentro do proxecto Empreganav impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia ábrese un procedemento aberto para a contratación do desenvolvemento dun curso formativo de Operador Guindastre Torre.

Empreganav busca a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia, a través de distintas accións formativas e de orientación laboral. Entre elas, atópase este curso de ponte guindastre, que se identificou como área de interese para un gran número de persoas participantes do programa.

CARACTERÍSTICAS

  • Cofinanciado ao 60% polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
  • Obxectivo: Manexar de maneira óptica un guindastre torre, coñecendo as partes e compoñentes, así como o mantemento da máquina para incrementar a súa produtividade e vida útil. Capacitación para superar os exames teóricos e prácticos para a obtención do carné oficial de Operador de Guindastre Torre.
  • Ámbito de actuación: Vigo e Arteixo.
  • Modalidade: Presencial
  • Núm. horas: 210 (teórico prácticas).
  • Núm. grupos: 2 grupos, un en Vigo e outro en Arteixo.
  • Núm. alumnos: Máximos 8 en Vigo e 13 en Arteixo.
  • Imprescindible: Ter as instalacións, guindastre e experiencia necesaria e garantir a distancia de seguridade na aula.
  • Duración contrato: Desde a formalización de contrato ata a prestación completa do servizo, non máis aló de outubro de 2021.
  • Orzamento de licitación: 32.000 euros ( sen IVE)
  • Prazo de presentación de ofertas: 7 días hábiles, ata o 9 de xuño ás 15.00 horas.

 

Para máis información relativa á presente contratación contactar a través de agonzalez@galicia.ugt.org e alejandra.martinez@asime.es

Fuente: ASIME Y UGT

Más información