27 Ago Docente para curso de Interpretación de planos para o proxecto empregaNAV (ASIME)
ASIME, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas busca unha persoa para cubrir unha praza de docente para curso de Interpretación de planos no marco do proxecto FEAG-empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
- Experiencia como docente de formación relacionada coa materia a impartir.
- Titulación/Formación relacionada con enxeñaría mecánica.
Criterios de selección:
- Titulación/Formación
- Experiencia como docente
- Custo hora
- Entrevista (habilidades de comunicación e relación)
Funcións:
Impartir curso presencial de interpretación de planos (40 h)
Obxectivo Xeral do curso: Interpretar o sistema de presentación gráfica utilizada en todo tipo de planos, adquirindo os coñecementos necesarios en relación ás normas de representación dos mesmos e utilizando as diferentes técnicas como a escala, liña e o acotamento.
Ofrécese:
- Contrato temporal laboral/mercantil.
- Lugar de traballo: Vigo
Solicitudes
As persoas interesadas enviarán o seu currículo vitae por correo electrónico á dirección alejandra.martinez@asime.es antes das 14.00 horas do día 02 de setembro de 2021 facendo constar a referencia: Docente Empreganav Interpretación de planos.
Fuente: ASIME