
22 Abr Oferta de Emprego: Docente de Carpintaría e Montaxe de construcións metálicas para o proxecto empregaNAV (UXT FICA)
UXT FICA Galicia necesita unha persoa docente para impartir un curso formativo de Carpintaría e Montaxe de construcións metálicas de 50 horas de duración no Centro de Formación Profesional de Ferrol.
Está formación está enmarcada no proxecto FEAG-empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
- Titulación:
- Técnico en Soldadura e Calderería.
- Técnico en Mecanizado.
- Iniciativa e proactividad.
- Habilidades de comunicación e relación.
- Vehículo propio e permiso de conducir.
- Valorarase experiencia como docente.
Ofrécese: Contrato laboral temporal
Recollida de Currículo Vitae:
- Correo electrónico: fica@galicia.ugt.org
- Correo postal: Miguel Ferro Caaveiro, 12 – 2º (15.707 – Santiago)
Data límite de envío: Ás 14 horas do día 27 de abril de 2022.
Fuente: UGT-FICA