Oferta de Emprego: Docente de Máquinas e Ferramentas de Control Numérico para o proxecto empregaNAV (UXT FICA)

UXT  FICA Galicia necesita unha persoa docente para impartir un curso formativo de Máquinas e Ferramentas de Control Numérico de 30 horas de duración no Centro de Formación Profesional de Ferrol.

Está formación está enmarcada no proxecto FEAG-empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

Requírese:

  • Titulación: Técnico superior en supervisión e control de máquinas y Docente para a formación profesional para o emprego SSCE0110
  • Iniciativa e proactividade
  • Habilidades de comunicación e relación.
  • Vehículo propio e permiso de conducir.
  • Valorarase experiencia como docente en control numérico

 

Ofrécese: Contrato laboral temporal

Recollida de Currículo Vitae:

  • Correo electrónico: fica@galicia.ugt.org
  • Correo postal: Miguel Ferro Caaveiro, 12 – 2º (15.707 – Santiago)

 

Data límite de envío: Ás 14 horas do día 07 de xuño de 2022.

Fuente: UGT-FICA