
22 Out Oferta de Emprego: Docente de Soldadura Fío Tubular para o proxecto empregaNAV (UXT FICA)
UXT FICA Galicia necesita unha persoa docente para impartir un curso formativo de Soldadura Fío Tubular de 60 horas de duración en o Centro de Formación Ocupacional de Ferrol.
Está formación está enmarcada no proxecto FEAG-empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
- Titulación: Técnico Medio e Certificado como Soldador Profesional.
- Experiencia como docente superior a cinco anos.
- Iniciativa e proactividade.
- Habilidades de comunicación e relación.
- Vehículo propio e permiso de conducir.
Ofrécese: Contrato temporal laboral ou mercantil
Recollida de Currículo Vitae:
- Correo electrónico: fica@galicia.ugt.org
- Correo postal: Miguel Ferro Caaveiro, 12 – 2º (15.707 – Santiago)
Data límite de envío: Ás 14 horas do día 27 de novembro de 2021.
Fuente: UGT-FICA