
26 Mai Oferta de Emprego: Docente para curso de Ofimática Básica e Avanzada en Ferrol_ Proyecto empregaNAV (ASIME)
ASIME, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas busca unha persoa para cubrir unha praza de Docente para curso de Ofimática Básica e Avanzada no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
- Titulación media relacionada con informática ou superior de calquera rama.
- Certificado de docencia da formación profesional para o emprego ou similar.
Criterios de selección:
- Titulación
- Horas de experiencia como docente de ofimática
- Custo hora
- Entrevista (habilidades de comunicación e relación)
Funcións:
Impartir curso presencial de ofimática básica e avanzada (50 h cada un)
Ofrécese:
- Contrato temporal laboral/mercantil.
- Lugar de traballo: Ferrol/Narón
As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico á dirección asime@asime.es antes das 14:00 horas do día 4 de xuño de 2021 facendo constar a referencia: Docente Empreganav Ofimática Ferrol
Fuente: ASIME