Oferta de Emprego: Docente para curso de Ofimática Básica e Avanzada en Ferrol_ Proyecto empregaNAV (ASIME)

ASIME, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas busca unha persoa para cubrir unha praza de Docente para curso de Ofimática Básica e Avanzada no marco do proxecto  FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

Requírese:

  • Titulación media relacionada con informática ou superior de calquera rama.
  • Certificado de docencia da formación profesional para o emprego ou similar.

 

Criterios de selección:

  • Titulación
  • Horas de experiencia como docente de ofimática
  • Custo hora
  • Entrevista (habilidades de comunicación e relación)

 

Funcións:

Impartir curso presencial de ofimática básica e avanzada (50  h cada un)

Ofrécese:

  • Contrato temporal laboral/mercantil.
  • Lugar de traballo: Ferrol/Narón

 

As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico á dirección asime@asime.es antes das 14:00 horas do  día 4 de xuño de 2021 facendo constar a referencia: Docente  Empreganav Ofimática Ferrol

Fuente: ASIME

Más información