28 Mai Oferta de Emprego: Docentes de interpretación de planos para o proxecto empregaNAV (UXT FICA)
UXT FICA Galicia necesita dúas persoas docentes para impartir cursos formativos relativos á interpretación de planos de 70 horas de duración no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización. Unha persoa para a localidade de Ferrol e outra para a localidade de Vigo.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
- Titulación: Enxeñería Técnica Naval ou similar.
- Valorarase experiencia como docente
- Iniciativa e proactividade
- Habilidades de comunicación e relación.
- Vehículo propio e permiso de conducir.
Ofrécese:
- Contrato temporal laboral ou mercantil.
Recollida de Currículo Vitae:
- Correo electrónico: fica@galicia.ugt.org
- Correo postal: Miguel Ferro Caaveiro, 12 – 2º (15.707 – Santiago)
Data límite de envío: As 14 horas do día 1 de xuño de 2021
Fuente: UGT-FICA