08 Feb Oferta de Emprego: Docentes en inserción laboral e empregabilidade para o proxecto empregaNAV (ASIME)
En Asime, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas, buscamos a dúas persoas para para cubrir prazas de docente no marco do proxecto FEAG- empregaNAV, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización. Unha delas desenvolverá o traballo en Vigo e a outra en Ferrol.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
Titulación media ou superior relacionada con Educación e ou formación.
Valórase:
- Experiencia en impartición de talleres activación laboral.
- Experiencia/coñecementos en coaching e técnicas de inserción laboral.
- Manexo avanzado de paquete office e aplicacións informáticas.
- Lingua Galega (falada e escrita).
- Iniciativa e prol-actividade.
- Habilidades de comunicación e relación.
Funcións:
- Planificar e impartir talleres de activación laboral, talleres de acreditación de valoración e reforzo de competencias Soft e Hard Skills
- Impartir talleres de fomento do espírito emprendedor.
Ofrécese:
- Incorporación a partir de marzo de 2021.
- Contrato temporal laboral/mercantil.
- Lugar de traballo: Vigo (1posto) ou Ferrol (1 posto)
Solicitudes
As persoas interesadas poden enviar o seu currículo por correo electrónico á dirección asime@asime.es antes das 14.00 horas do día 18 de febreiro de 2021 facendo constar a referencia: Docente Empreganav.
Fuente: ASIME