
28 Xan Oferta de emprego: Orientador/a Laboral para o proxecto empregaNAV (Federación de Industria de Galicia CCOO)
A Federación de Industria de Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a laboral no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Titulacións preferentes: Psicoloxía; Pedagoxía; Psicopedagoxía; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; Educación social; Traballo social; Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social
Funcións a realizar:
- Propias da orientación laboral
- Planificar, deseñar e impartir o programa de medidas de sensibilización:
- Activación Laboral
- Acreditación de competencias profesionais
- Competencias Soft Skills e Hard Skills
Valorarase:
- Experiencia en orientación laboral, xestión e execución programas de integración laboral
- Experiencia e/ou coñecementos en coaching e técnicas de inserción laboral.
- Iniciativa e pro- actividade.
- Habilidades de comunicación e relación.
- Coñecementos sobre as cualificacións profesionais.
Requisitos esixidos: Manexo de equipos informáticos: Tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, etc
Ofrécese: Contrato por obra ou servizo a tempo completo para executar o programa de medidas de sensibilización nas comarcas de Vigo e Ferrol de Febreiro a Xuño
Centro de Traballo: Locais Federación CCOO Industria Galicia en Vigo e Ferrol
As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico a dirección galicia@industria.ccoo.es antes das 14.00 horas do día 3 de Febreiro de 2021 facendo constar a referencia: Orientado/a Laboral
Fuente: CCOO