Oferta de emprego: Orientador/a Laboral para o proxecto empregaNAV (Federación de Industria de Galicia CCOO)

A Federación de Industria de Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a laboral no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

Titulacións preferentes: Psicoloxía; Pedagoxía; Psicopedagoxía; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; Educación social; Traballo social; Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social

Funcións a realizar:

  • Propias da orientación laboral
  • Planificar, deseñar e impartir o programa de medidas de sensibilización:
  • Activación Laboral
  • Acreditación de competencias profesionais
  • Competencias Soft Skills e  Hard  Skills

 

Valorarase:

  • Experiencia en orientación laboral, xestión e execución programas de integración laboral
  • Experiencia e/ou coñecementos en coaching e técnicas de inserción laboral.
  • Iniciativa e pro- actividade.
  • Habilidades de comunicación e relación.
  • Coñecementos sobre as cualificacións profesionais.

 

Requisitos esixidos: Manexo de equipos informáticos: Tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, etc

Ofrécese: Contrato por obra ou servizo a tempo completo para executar o programa de medidas de sensibilización nas comarcas de Vigo e Ferrol de Febreiro a Xuño

Centro de Traballo: Locais Federación CCOO Industria Galicia en Vigo e Ferrol

As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico a dirección galicia@industria.ccoo.es  antes das 14.00 horas do día 3 de Febreiro de 2021 facendo constar a referencia: Orientado/a Laboral

Fuente: CCOO

Más información