
14 Xan Oferta de Emprego: Persoal Técnico en Formación para o proxecto empregaNAV (UXT FICA Galicia)
UXT FICA Galicia necesita Personal Técnico en Formación na zona de Vigo e Ferrol para cubrir unha praza de docente no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese:
- Titulación media ou superior, relacionada con Educación e/ou formación.
- Experiencia e/ou coñecementos en Coaching e técnicas de inserción laboral.
- Iniciativa e pro- actividade.
- Habilidades de comunicación e relación.
- Coñecementos sobre as Cualificacións Profesionais.
- Nivel avanzado paquete
Entre outras funcións terá as seguintes:
Planificar, deseñar e impartir os seguintes talleres:
-
- Taller para a Activación Laboral
- Taller para a Acreditación de valorización e reforzo de competencias Soft Skills e Hard Skills
Ofrécese:
- Incorporación a partir de febreiro de 2021.
- Contrato por obra ou servizo a tempo completo.
Recollida de Currículo Vitae:
- Correo electrónico: fica@galicia.ugt.org
- Correo postal: Miguel Ferro Caaveiro, 12 – 2º (15.707 – Santiago)
As persoas interesadas poden enviar o seu currículo vitae ata as 14.00 horas do día 22 de xaneiro de 2021.
Fuente: UGT-FICA