
06 Mai Oferta de Emprego: Persoal Técnico para a xestión documental do proxecto empregaNAV (Federación de Industria de Galicia CCOO)
A Federación de Industria de Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Técnico/a de xestión documental no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Titulacións preferentes: Título de diplomado/a universitario/a, ou grao superior en: Administración e finanzas; Administración e dirección de empresas; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; ou similares; Educación social; Traballo social; Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social.
Requisitos esixidos:
- Manexo de equipos informáticos: Tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, etc…
- Experiencia en xestión documental e organización. Difusión material proxectos.
Valorarase:
- Lingua Galega (falada e escrita)
- Nivel avanzado office (Tratamento de textos, folla de cálculo)
Xornada: Completa
Duración do contrato: Temporal
Centro de Traballo: Locais Federación Industria Galicia (Vigo e, ocasionalmente, Ferrol)
As persoas interesadas enviarán o seu currículum por correo electrónico á dirección galicia@industria.ccoo.es a ATT Eugenia Freire Fajardo antes das 12:00 horas do día 9 de maio de 2022 facendo constar a referencia: Técnico/a 02/2022
NOTA IMPORTANTE: Unha vez elixida a persoa seleccionada para acreditar titulación presentará o título académico requirido, e para acreditar a experiencia laboral presentará vida laboral máis contratos correspondentes.
Fuente: CCOO