
27 Xan Oferta de emprego: Persoal Técnico para o proxecto empregaNAV (Federación de Industria de Galicia CCOO)
A Federación de Industria de Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Técnico/a de formación no marco do proxecto FEAG- empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Titulacións preferentes: Título de diplomado/a universitario/a, ou grao superior en: Administración e finanzas; Administración e dirección de empresas; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; Educación social; Traballo social; Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social.
Valorarase:
- Lingua Galega (falada e escrita)
- Nivel avanzado office (Tratamento de textos, folla de cálculo)
Requisitos esixidos:
- Manexo de equipos informáticos: Tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, etc…
- Experiencia en programas de orientación laboral, xestión e execución programas de integración laboral
- Experiencia en xestión e xustificación de proxectos de formación para o emprego
Xornada: Completa
Duración do contrato: Temporal
Centro de Traballo: Locais Federación Industria Galicia (Vigo e, ocasionalmente, Ferrol)
As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico a dirección galicia@industria.ccoo.es a ATT Eugenia Freire Fajardo antes das 12.00 horas do día 1 de Febreiro de 2022 facendo constar a referencia: Técnico/a 01/2022
NOTA IMPORTANTE: Unha vez elixida a persoa seleccionada para acreditar titulación presentará o título académico requirido, e para acreditar a experiencia laboral presentará vida laboral máis contratos correspondentes.
Fuente: CCOO