01 Xuñ Oferta de Emprego: Técnico de orientación, formación e emprego en Vigo_ Proyecto empregaNAV (ASIME)
ASIME, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas busca unha persoa para para cubrir unha praza de técnico de orientación e formación no marco do proxecto FEAG-empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requírese: Titulación superior ou máster relacionada con educación e ou formación.
Criterios de selección:
- Experiencia como técnico de orientación e formación
- Experiencia en xestión proxectos de emprego e formación
- Manexo avanzado de paquete office e aplicacións informáticas
- Lingua Galega (falada e escrita)
- Iniciativa e prol-actividade
- Habilidades de comunicación e relación
Funcións:
- Técnico de orientación, formación e emprego proxecto Empreganav
Ofrécese:
- Incorporación a partir de xuño de 2021
- Contrato temporal laboral ata 31/12/2021
- Lugar de traballo: Vigo
As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico á dirección asime@asime.es antes das 14.00 horas do día 7 de xuño de 2021 facendo constar a referencia: Técnico de orientación, formación e emprego Empreganav
Fuente: ASIME