Oferta de Emprego: Técnico en Orientación e Inserción Laboral para o proxecto empregaNAV (UXT FICA Galicia)

UXT  FICA Galicia necesita Persoal Técnico en Orientación e Inserción Laboral na zona de Ferrol para cubrir unha praza de Orientador/a laboral no marco do proxecto   FEAG-   empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes do diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

Requírese:

  •  Titulación media ou superior, preferiblemente Psicoloxía, Socioloxía ou Pedagoxía.
  • Valorarase experiencia como técnico orientador/a, axente de emprego, técnico de inserción laboral, etc.
  • Iniciativa e pro- actividade.
  • Habilidades de comunicación e relación.
  • Dispoñibilidade para desprazarse por toda Galicia.
  • Vehículo propio e permiso de conducir.
  • Coñecementos sobre as Cualificacións Profesionais.
  • Nivel avanzado paquete Office.

 

Entre outras funcións terá as seguintes:

  •  Prestar asesoramento en estratexias de procura de emprego e orientación laboral.
  • Deseñar itinerarios personalizados de inserción laboral.
  • Realizar entrevistas a usuarios/ as.
  • Buscar e informar sobre as ofertas de emprego existentes.
  • Realizar visitas profesionais a empresas.
  • Realización de estudos de prospección do mercado laboral en Galicia.

 

Ofrécese:

  •  Incorporación inmediata.
  • Contrato por obra ou servizo a tempo completo.

 

Recollida de Currículo  Vitae:

  •  Correo electrónico: fica@galicia.ugt.org
  • Correo postal: Miguel Ferro Caaveiro, 12 – 2º (15.707 – Santiago)

 

As persoas interesadas poden enviar o seu currículum vitae ata as 14.00 horas do día 24 de xaneiro de 2021.

Fuente: UGT-FICA