
19 Xan Oferta de Emprego: Técnico en Orientación Laboral para o proxecto empregaNAV (ASIME)
En Asime, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, buscamos Persoal Técnico en Orientación Laboral na zona de Vigo para cubrir unha praza de Orientador/a laboral no marco do proxecto FEAG- empregaNAV, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.
EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.
Requisitos
Titulacións preferentes: Psicoloxía; Pedagoxía; Psicopedagoxía; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; Educación social; Dereito
Valórase:
- Experiencia en orientación laboral, xestión e execución de programas de integración laboral, confección de itinerarios individualizados de inserción laboral, coñecementos en formación
- Manexo avanzado de paquete office e aplicacións informáticas
- Lingua Galega (falada e escrita)
- Iniciativa e pro- actividade
- Habilidades de comunicación e relación
Condicións
- Incorporación a partir de Febreiro de 2021
- Contrato por obra a xornada completa ata fin de proxecto (13/08/2022)
- Lugar de traballo: Vigo
Solicitudes
As persoas interesadas poden enviar o seu currículo por correo electrónico á dirección asime@asime.es antes das 14.00 horas do día 26 de Xaneiro de 2021 facendo constar no asunto a referencia “Orientador/a Empreganav”.
Fuente: ASIME