Oferta de Emprego: Técnico en Orientación Laboral para o proxecto empregaNAV (ASIME)

En Asime, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, buscamos Persoal Técnico en Orientación Laboral na zona de Vigo para cubrir unha praza de Orientador/a laboral no marco do proxecto  FEAG- empregaNAV, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

Requisitos

Titulacións preferentes: Psicoloxía; Pedagoxía; Psicopedagoxía; Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía; Educación social; Dereito

Valórase:

  • Experiencia en orientación laboral, xestión e execución de programas de integración laboral, confección de itinerarios individualizados de inserción laboral, coñecementos en formación
  • Manexo avanzado de paquete office e aplicacións informáticas
  • Lingua Galega (falada e escrita)
  • Iniciativa e pro- actividade
  • Habilidades de comunicación e relación

 

Condicións

  • Incorporación a partir de Febreiro de 2021
  • Contrato por obra a xornada completa ata fin de proxecto (13/08/2022)
  • Lugar de traballo: Vigo

 

Solicitudes

As persoas interesadas poden enviar o seu currículo por correo electrónico á dirección asime@asime.es  antes das 14.00 horas do día 26 de Xaneiro de 2021 facendo constar no asunto a referencia “Orientador/a  Empreganav”.

Fuente: ASIME

Más información