Oferta de emprego: Técnico de orientación e formación para o proxecto empregaNAV (ASIME)

ASIME, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas busca unha persoa para cubrir unha praza de técnico de orientación e formación no marco do proxecto FEAG-empregaNAV cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

EmpregaNAV é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores sociais participantes no diálogo Social de Galicia, cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia.

 

Requírese:

  • Titulación media ou superior relacionada con psicoloxía, educación e/ou formación.

 

Criterios de selección:

  • Experiencia en orientación, desenvolvemento e atención de persoas e xestión de formación
  • Valoraranse posgraos de orientación laboral e/ou formación
  • Manexo avanzado de paquete office e aplicacións informáticas
  • Lingua Galega (falada e escrita)
  • Iniciativa e prol-actividade
  • Habilidades de comunicación e relación
  • Requírese flexibilidade horaria

 

Funcións:

  • Técnico de orientación e formación proxecto Empreganav

 

Ofrécese:

  • Incorporación inmediata
  • Contrato temporal a xornada completa ata Agosto de 2022.
  • Lugar de traballo: Vigo

 

Solicitudes

As persoas interesadas enviarán o seu currículo por correo electrónico á dirección alejandra.martinez@asime.es  antes das 14.00 horas do día 16 de Febreiro de 2022 facendo constar a referencia: técnico orientación e formación proxecto Empreganav

Fuente: ASIME

Más información