Xornada de peche do proxecto FEAG empregaNAV en Ferrol

As xornadas de peche do proxecto empregaNAV tiveron lugar o pasado 10 e 23 de novembro en Vigo e Ferrol respectivamente,  como broche final de presentación dos resultados acadados ao longo do proxecto e co obxectivo tamén da entrega dos certificados de participación ás persoas beneficiarias.

Como resumo do proxecto, destacar que esta iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia, en concreto pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e cofinanciada pola Unión Europea, ofreceu aos participantes un diagnóstico inicial, axuda especializada na busca activa de emprego, formación tanto en competencias básicas como transversais, así como para a recualificación profesional e para a especialización no naval; accións de intermediación laboral; incentivos e un seguimento personalizado.


Na xornada de clausura de Ferrol, o balance do proxecto estivo da mán da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, que foi a encargada de dar comezo á xornada e que aproveitou para destacar a importancia que tivo este proxecto para toda a comarca de Ferrol na mellora da cualificación profesional dos empregados do naval e o seu apoio na búsqueda de emprego.

Nesta ocasión, tamén dunha forma dinámica e participativa, houbo oportunidade de destacar as boas prácticas do proxecto e onde outros tres participantes contaron a súa experiencia.

A clausura do evento finalizou coa intervención da Directora Xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, que destacou a boa xestión conxunta por parte do goberno galego e os interlocutores socias e económicos e aos que agradeceu a súa importantísima labor.

Estas xornadas, iniciativa da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, serviron como punto de encontro entre as persoas participantes, os interlocutores sociais e a administración pública; o que permitiu realizar un balance conxunto do proxecto. Tamén serviu para dar visibilidade e notoridade das accións realizadas e o apoio en torno ao fomento da reinserción laboral do sector naval de Galicia, así como dar a coñecer o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), pola súa contribución á mellora da empregabilidade, á sociedade en definitiva.

Para visualizar a xornada completa podes premer nesta ligazón.