Xornada de presentación do proxecto empregaNAV _ 10/12/2020_ Vigo

A Federación de Industria de CCOO Galicia, en colaboración con UGT-FICA – Industria, Construción e Agro Galicia e a Asociación de Industrias Metalúrxicas de Galicia- ASIME, celebra a xornada de presentación do proxecto “empregaNAV”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización e a Xunta de Galicia,  o próximo 10 de decembro de 2020 en  C/ Teixugueiras Nº 11 – Vigo ( sede de CCOO)

Co obxectivo de adaptarse á dispoñibilidade das persoas que desexen acercarse para coñecer o proxecto empregaNAV, levaranse a cabo sesións, de maneira  ininterrompida, entre as 10.00h e as 20.00h

A xornada consistirá, fundamentalmente, en dar a coñecer os obxectivos, actividades, programas e incentivos que compoñen o proxecto “empregaNAV”  a través do cal se pretende fomentar a reinserción laboral efectiva das persoas traballadoras procedentes de empresas que operan na industria auxiliar do sector naval e que perderon os seus postos de traballo no período comprendido entre o 23 de maio do 2019 e o 23 de febreiro do 2020

Así mesmo, se fará entrega de folletos informativos e se facilitará aos asistentes, se é da súa interese, a posibilidade de inscribirse no proxecto.

Se desexas asistir contacta a través do número de teléfono: 683 66 86 50

¡¡¡Respectaranse as recomendacións sanitarias e de saúde pública impostas pola  Covid 19!!!

Más información