09 Dec Xornada de presentación do proxecto empregaNAV_ 11/12/2020_ Vigo
UGT-FICA – Industria, Construción e Agro Galicia, en colaboración con a Asociación de Industrias Metalúrxicas de Galicia- ASIME e a Federación de Industria de CCOO Galicia, celebra a xornada de presentación do proxecto “empregaNAV”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización e a Xunta de Galicia, o próximo 11 de decembro de 2020 en Avda. García Barbón, 67 – 5ª planta- Vigo
Co obxectivo de adaptarse á dispoñibilidade das persoas que desexen acercarse para coñecer o proxecto empregaNAV, levaranse a cabo 2 sesións ao longo do día:
1º sesión ás 10.00h
2º sesión ás 11.30h
Tódalas sesións caracterizaranse polo seu carácter dinámico e participativo e consistirán, fundamentalmente, en dar a coñecer os obxectivos, actividades, programas e incentivos que compoñen o proxecto “empregaNAV” a través do cal se pretende fomentar a reinserción laboral efectiva das persoas traballadoras procedentes de empresas que operan na industria auxiliar do sector naval e que perderon os seus postos de traballo no período comprendido entre o 23 de maio do 2019 e o 23 de febreiro do 2020
Así mesmo, se fará entrega de folletos informativos, abrirase unha rolda de rogos e preguntas, co obxectivo de clarificar calquera tipo de dubida sobre o proxecto, e se facilitará aos asistentes, se é da súa interese, a posibilidade de inscribirse no proxecto.
Se desexas asistir, contacta a través do número de teléfono 654 400 117
¡¡¡Respectaranse as recomendacións sanitarias e de saúde pública impostas pola Covid 19!!!