Xornada de presentación do proxecto empregaNAV_ 11/12/2020_ Vigo

A Asociación de Industrias Metalúrxicas de Galicia- ASIME, en colaboración con UGT-FICA – Industria, Construción e Agro Galicia e a Federación de Industria de CCOO Galicia, celebra a xornada de presentación do proxecto “empregaNAV”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización e a Xunta de Galicia,  o próximo 11 de decembro de 2020 en  C/ Doctor Corbal, 51, 36207 Vigo ( ASIME)

Co obxectivo de adaptarse á dispoñibilidade das persoas que desexen acercarse para coñecer o proxecto empregaNAV, levaranse a cabo 3 sesións ao longo do día:

1º sesión ás 10.00h

2º sesión ás 12.00h

3º sesión ás 16.00h

Tódalas sesións caracterizaranse polo seu carácter dinámico e participativo e consistirán, fundamentalmente, en dar a coñecer os obxectivos, actividades, programas e incentivos que compoñen o proxecto “empregaNAV”  a través do cal se pretende fomentar a reinserción laboral efectiva das persoas traballadoras procedentes de empresas que operan na industria auxiliar do sector naval e que perderon os seus postos de traballo no período comprendido entre o 23 de maio do 2019 e o 23 de febreiro do 2020

Así mesmo, se fará entrega de folletos informativos, abrirase unha rolda de rogos e preguntas, co obxectivo de clarificar calquera tipo de dubida sobre o proxecto, e se facilitará aos asistentes, se é da súa interese, a posibilidade de inscribirse no proxecto.

Se desexas asistir, contacta a través do número de teléfono 986 410 727 ou do correo electrónico empreganav@asime.es

¡¡¡Respectaranse as recomendacións sanitarias e de saúde pública impostas pola  Covid 19!!!

Más información