07 Xan Xornada de presentación do proxecto empregaNAV_ 14/01/2021_ Ferrol
A Federación de Industria de CCOO Galicia, en colaboración con UGT-FICA – Industria, Construción e Agro Galicia e a Asociación de Industrias Metalúrxicas de Galicia- ASIME, comeza o ano 2021 celebrando a xornada de presentación do proxecto “empregaNAV”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización e a Xunta de Galicia, o próximo 14 de xaneiro de 2021 en C/ María, 42 – Ferrol ( sede de CCOO)
Co obxectivo de adaptarse á dispoñibilidade das persoas que desexen acercarse para coñecer o proxecto empregaNAV, levaranse a cabo sesións, de maneira ininterrompida, entre as 10.30h e as 17.30h
A xornada consistirá, fundamentalmente, en dar a coñecer os obxectivos, actividades, programas e incentivos que compoñen o proxecto “empregaNAV” a través do cal se pretende fomentar a reinserción laboral efectiva das persoas traballadoras procedentes de empresas que operan na industria auxiliar do sector naval e que perderon os seus postos de traballo no período comprendido entre o 23 de maio do 2019 e o 23 de febreiro do 2020
Así mesmo, se fará entrega de folletos informativos e se facilitará aos asistentes, se é da súa interese, a posibilidade de inscribirse no proxecto.
Se desexas asistir contacta a través do número de teléfono: 683 66 86 50
¡¡¡Respectaranse as recomendacións sanitarias e de saúde pública impostas pola Covid 19!!!