Xornada de presentación do proxecto empregaNAV_ 21/12/2020_ Ferrol

UGT-FICA – Industria, Construción e Agro Galicia, en colaboración con a Asociación de Industrias Metalúrxicas de Galicia- ASIME e a Federación de Industria de CCOO Galicia, celebra a xornada de presentación do proxecto “empregaNAV”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización e a Xunta de Galicia,  o próximo 21 de decembro de 2020  as 16:30 h en  C/ Carmen, 43 – Entresuelo FERROL

A sesión caracterizarase polo seu carácter dinámico e participativo e consistirá, fundamentalmente, en dar a coñecer os obxectivos, actividades, programas e incentivos que compoñen o proxecto “empregaNAV”  a través do cal se pretende fomentar a reinserción laboral efectiva das persoas traballadoras procedentes de empresas que operan na industria auxiliar do sector naval e que perderon os seus postos de traballo no período comprendido entre o 23 de maio do 2019 e o 23 de febreiro do 2020

Así mesmo, se fará entrega de folletos informativos, abrirase unha rolda de rogos e preguntas, co obxectivo de clarificar calquera tipo de dubida sobre o proxecto, e se facilitará aos asistentes, se é da súa interese, a posibilidade de inscribirse no proxecto.

Se desexas asistir, contacta a través do número de teléfono 605 822 062

¡¡¡Respectaranse as recomendacións sanitarias e de saúde pública impostas pola  Covid 19!!!

Más información