
26 Out Xornadas de peche do proxecto FEAG empregaNAV impulsado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia
- Desde a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, celébranse as Xornadas de peche do proxecto empregaNAV nas localidades de Vigo e Ferrol
- Nas xornadas contarase coa participación de persoas participantes do proxecto que exporán a súa experiencia e como o proxecto repercutiu na mellora da súa empregabilidade.
- Ás persoas participantes que asistan á xornada se lle entregará un certificado personalizado onde se plasmará toda a súa participación no marco do proxecto.
- A Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, dará a coñecer os resultados acadados no proxecto
Entre agosto do 2020 e agosto do 2023, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa colaboración das organizacións empresariais, CEG a través da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia – ASIME, e sindicais, UXT-GALICIA, a través de UXT-FICA – Industria, Construción e Agro Galicia, e CCOO de Galicia, a través da Federación de Industria de CCOO Galicia, levaron a cabo as actividades correspondentes ao proxecto “empregaNAV”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG).
O programa empregaNAV tivo como principal obxectivo, crear recursos de fomento da inserción laboral especificamente orientados ás problemáticas das persoas que foron despedidas entre o 23 de maio de 2019 e o 23 de febreiro de 2020 no sector naval en Galicia, velando polo carácter personalizado destas, xa que o obxectivo último foi o de asegurar a inserción do maior número de persoas posibles.
Tras a finalización do proxecto, celébranse as Xornadas de peche do proxecto empregaNAV que se tratarán de xornadas públicas de presentación dos resultados dos itinerarios formativos e dos resultados conseguidos ao longo do proxecto e que terán lugar nas localidades onde residen a maioría das persoas participantes, en concreto:
- 10 novembro 2022. 18:00 h-19:30 h
VIGO. Autoridade Portuaria de Vigo. Peirao de Transatlánticos. Edificio sesións.
- 23 novembro 2022. 18:30 h-20:00 h
FERROL. Auditorio de la Delegación territorial de la Xunta de Galicia. Praza Camilo Jose Cela s/n 15403 Ferrol (Praza de España – ao lado da cafetería Avenida)
As xornadas caracterizaranse polo seu carácter dinámico e participativo, tanto en canto persoas usuarias exporán a súa experiencia e ás persoas participantes que asistan ao evento faráselle entrega dun certificado personalizado, expedido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, onde se plasmará a súa participación no marco do proxecto.
Ase mesmo, contarase cun representante da Comisión Europea e da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (UAFSE) que exporán as novidades relativas ao Fondo Europeo de Adaptación a la Globalización – FEAG no período de programación 2021-2027 e coa Conselleira de Promoción Económica e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que dará a coñecer os resultados acadados no proxecto.
Tralo evento, as persoas asistentes estarán invitadas a un aperitivo no que poderán intercambiar sensacións e experiencias.
As xornadas terán como principal obxectivo dar a coñecer os resultados do proxecto así como os datos resultantes a nivel de emprego e mellora da empregabilidade conseguidos. Así mesmo, a celebración das xornadas permitirá:
- Xerar visibilidade e notoriedade das accións realizadas en torno ao fomento da reinserción laboral no sector naval de Galicia.
- Coñecer a experiencia das persoas participantes
- Promover a consecución de actividades de continuidade e apoio ao colectivo de persoas desempregadas do sector do metal e auxiliar do naval.
- Servir de punto de encontro entre as persoas participantes, os interlocutores sociais e a administración pública que permita realizar un balance conxunto do proxecto
- Dar a coñecer o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización ( FEAG), pola súa contribución á mellora da empregabilidade, á sociedade.
- Entregar ás persoas participantes certificados de participación expedidos pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade
Co obxectivo de ampliar a información exposta, indicase enlace ao programa detallado da xornada.
- Programa Xornada de Vigo prema aquí
Inscríbete a través desta ligazón: https://forms.gle/mDH5pXqQF3BAfuqTA
- Programa Xornada de Ferrol prema aquí
Inscríbete a través desta ligazón: https://forms.gle/cmzEEXYK6n3oDtJGA