
01 Dec Xornada de peche do proxecto FEAG empregaNAV en Vigo
As xornadas de peche do proxecto empregaNAV tiveron lugar o pasado 10 e 23 de novembro en Vigo e Ferrol respectivamente, como broche final de presentación dos resultados acadados ao longo do proxecto e co obxectivo tamén da entrega dos certificados de participación ás persoas beneficiarias.
Como resumo do proxecto, destacar que esta iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia, en concreto pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e cofinanciada pola Unión Europea, ofreceu aos participantes un diagnóstico inicial, axuda especializada na busca activa de emprego, formación tanto en competencias básicas como transversais, así como para a recualificación profesional e para a especialización no naval; accións de intermediación laboral; incentivos e un seguimento personalizado.
Na xornada de clausura de Vigo contouse coa presenza da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que tivo ocasión de facer balance do proxecto e destacar os datos acadados a nivel de emprego e de mellora da empregabilidade das persoas participantes no proxecto como colectivo afectado pola pérdida dos seus postos de traballo no sector naval en Galicia.
Ase mesmo, contouse co presenza das representantes da Comisión Europea e da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (UAFSE) que expuxeron as novidades relativas ao Fondo Europeo de Adaptación a la Globalización – FEAG no período de programación 2021-2027.
Ademais, esta xornada tamén serviu para repasar o conxunto de actividades realizadas durante o proxecto e facer un balance por parte dos representantes dos axentes sociais, UGT, ASIME e CCOO, e de tres persoas participantes dos bos resultados acadados, e onde os beneficiarios comentaron a súa experiencia e falaron de como o proxecto repercutiu na mellora da súa empregabilidade.
A clausura do evento estivo da man da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a que tamén fixo entrega aos usuarios presentes na xornada, xunto coa Directora Xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, dos seus certificados personalizados onde se plasmaba toda a súa participación no marco do proxecto.
Para visualizar a xornada completa podes premer nesta ligazón.