
02 Dec Xornada de presentación do proxecto empregaNAV _ 04/12/2020_ Ferrol
Dende UGT-FICA – Industria, Construción e Agro Galicia, en colaboración con Federación de Industria de CCOO Galicia e a Asociación de Industrias Metalúrxicas de Galicia- ASIME, celebrase a primeira xornada de presentación do proxecto “empregaNAV”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización e a Xunta de Galicia, que terá lugar o próximo 04 de decembro de 2020 en C/ Carmen, 43 – Ferrol.
Co obxectivo de adaptarse á dispoñibilidade das persoas que desexen acercarse para coñecer o proxecto empregaNAV, levaranse a cabo dúas sesións: Unha ás 10:30 h e outra as 12:00h
Ambas sesións caracterizaranse polo seu carácter dinámico e participativo e consistirán, fundamentalmente, en dar a coñecer os obxectivos, actividades, programas e incentivos que compoñen o proxecto “ empregaNAV” a través da cal se pretende fomentar a reinserción laboral efectiva das persoas traballadoras procedentes de empresas que operan na industria auxiliar do sector naval e que perderon os seus postos de traballo no período comprendido entre o 23 de maio do 2019 e o 23 de febreiro do 2020.
Así mesmo, faráse entrega de folletos informativos, abrirase unha rolda de rogos e preguntas, co obxectivo de clarificar calquera tipo de dubida sobre o proxecto, e se facilitará aos asistentes, se é do seu interese, a posibilidade de inscribirse no proxecto.
Se desexas asistir, contacta a través do número de teléfono: 605 822 062
¡¡¡ Respectaranse as recomendacións sanitarias e de saúde pública impostas pola Covid 19 !!!!