EmpregaNAV é un proxecto cuxo obxectivo é a reinserción laboral de persoas desempregadas da industria auxiliar da construción naval en Galicia
Dende o 13 de agosto de 2020 ata o 13 de agosto de 2022, EmpregaNAV creará recursos para promover a reinserción laboral, dirixidos especificamente a resolver os problemas das persoas que perderon o seu posto de traballo despois dos despedimentos en empresas que operan na industria auxiliar do naval en Galicia entre o 23 de maio de 2019 e o 23 de febreiro de 2020. Cómpre salientar o seu carácter personalizado, xa que o obxectivo final é garantir a inserción do maior número de persoas posible.